Xabier I Villares; distrito: La Habana

Eddy, o artista da beca

Escrito por xabivillares 27-10-2010 en General. Comentarios (6)

Eddy leva algo menos de dous anos na beca, e a súa entrada nela foi triunfal: o abraiante cadro de 3 x 1.7 que preside a entrada da residencia foi doado por el á súa chegada. Nel están pintados os seis “Mártires de 12 & Malecón” que morreron tratando de salvar a unha anciá na casa que está do outro lado da rúa no 64, así como a propia casa (reconstruída e aínda en pé), o monumento do Malecón na honra destes mozos, a bandeira das FEU ca Medalla de Honra, a Alma Mater e as torres da beca, todo nun fondo de lume surrealista.

 

Pero isto é só unha pequena mostra do que é capaz de facer: vivos retratos coma fotos en cuestión de días, arte surrealista e un sen fin de temáticas compoñen o seu repertorio. Entre as súas obras destaca un xigantesco retrato realizado en branco e negro, só con palabras, coa cabeza dun home mirando de fronte, e dividida á metade: do lado esquerdo, textos sobre materialismo de Marx, Engels…  e do dereito idealismo platónico. O home que se debuxa é, ademais, o seu irmán. Ata que o vexades, non seredes conscientes do sobrecolledor que resulta.

 

Actualmente está á espera de expoñer a súa obra en diversas galerías da Habana, e os retratos realizados por el xa colgan das paredes das casas de moitas das celebridades da televisión, o cine, a música ou a radio cubanas.

 

Despois de realizar varias coleccións para exposicións no estranxeiro (Estado español, principalmente) e de comezar a definitiva conquista da capital cubana, tan só lle resta dar unha volta de torca máis ao seu traballo e demostrar nas galerías do resto do mundo o que é capaz de facer.

Xulgarédelo vós mesmos en vindeiros posts.

Con Orlando Torres

Escrito por xabivillares 25-10-2010 en General. Comentarios (9)
Hai revolucionarios que nunca morren; e outros polos que non pasan os anos!

O río de 12 & Malecón

Escrito por xabivillares 21-10-2010 en General. Comentarios (5)
Xente atravesando a rúa nos paróns da treboada!


Unha tormenta tropical

Escrito por xabivillares 16-10-2010 en General. Comentarios (5)

A min xa non me pintaba ben a cousa eseamencer, e tirei unhas bonitas fotos co lume no horizonte. Erguinme sobre as 06:30 ca intención de lavar a roupa que non puiden por mor de non vir a auga e que agora aí­nda se me amorea nunha casa de Centro Habana onde escribo estas verbas. A auga virá, pero non como eu agardaba.

 

Saí­n para clase e despois decidinme a enfrontarme cunha serie de papeis aínda pendentes de resolución, e o ceo porase cada vez máis escuro. Entristecí­ase a medida que os procedementos burocráticos estaban a devorarme esa longa mañá.

Despois do almorzo, de camiño de novo cara a facultade para recibir a miña dose de Economía Cubana I, noto o primeiro aviso sobre a miña cabeza, e non tiven outra que agardar pacientemente nun portal uns 20 minutos a que a cousa amainara. Serían ao redor das dúas da tarde. Pero foi ás 18:15, cando rematei as clases e saí­n disposto collela guagua, cando a cousa se puxo fea "con pinga" realmente.

 

O vento sopraba ben forte, e xa non quedaban colectores en pé na zona. Os ríos nacían polas rúas da Habana, e as árbores comezaban a dobrar. Media hora na cafetería agardando, e entón vin ese bus P1 co meu nome bordado na esquina do cine Yara, corrín cara el e foi meu. "Salvado" é o primeiro que pensas nestes casos, cando non te decatas das sete cadras que distan entre a parada da guagua e a beca.

E alá me vin, enfrontándome de novo contra vento e marea, con grandes árbores tumbados cortando as estradas. E falamos de ventos sostidos de 99km/h e rachas de 140km/h. O punto crí­tico estivo na entrada da beca mesmo, onde varias persoas xa foran arrastradas rúa abaixo pola auga, e onde os desaugues chupaban canto pasaba preto deles. "Se cruzamos con este vento, ese cable de cobre podería partirche á metade", dixo Rafael, bo compañeiro do piso 16. Cruzámolo, de lado. A choiva golpeaba violentamente na cara, e as ondas dábanme por riba dos xeonllos. E o portátil ía na mochila.Tende por seguro que se caio de costas non morrería afogado, pero esta bitácora tocaba a súa fin!

 

Dentro de 12 & Malecón movéronnos cara os garaxes para pasar por debaixo das terrazas, completamente inundadas, por un pasadizo que descoñecí­a por completo. Comemos xa resgardados, e a continuación á área a despexar a auga que entrara por tódolos recunchos. E o mellor de todo:a miña cama e toda a miña roupa completamente empapadas.

Tras o pertinente servizo de "cuartelería" nas horas seguintes, xa nunha habitación do piso 20 e sen luz en todo o Vedado (e en toda a Habana), caendo unha espectacular treboada, sen auga corrente, sen roupa limpa nin cama onde durmir, ca fame que dan estas inesperadas crises,dous rapaces asómanse na porta vendendo pans con queixo e guayaba a dous pesos e medio. Ao final a cousa non estaba tan mal. Só foi un ciclón categoría 1 que pasou pola Habana como unha anecdótica tormenta tropical.

A concepción do tempo

Escrito por xabivillares 14-10-2010 en General. Comentarios (3)

Interminábeis colas, esgotadores trámites,calor, humidade… o transcorrer do tempo definitivamente é un asunto diferenteneste sistema e nesta parte do planeta.

 

Moverte aquí é unha cuestión de vontade máisca nunca. Lembro neste intre 7 horas de botella (“autostop”) á entrada deMatanzas baixo un fervente sol de setembro, que non é o de Agosto, pero en Cubanon é moco de pavo, que nos fixo enfermar ao día seguinte.

Como xa sabedes, aquí hai colas para casetodo: casas de cambio, guagua, tomar un xelado ou entrar na facultade. Casecalquera cousa pode implicar unha cola de 10 ou 30 minutos se non estás na horaaxeitada. As listas de espera para os transportes interprovinciais poden sercuestión de horas ou incluso días*, así que cando saes fóra ten que ser caperspectiva de que nunca tes de todo claro cando regresaras. Esta fin de semanapor exemplo tratamos de ir á Isla de la Juventud, pero a lista prolongábase atao día seguinte.

 

Os camareiros aquí funcionan na maioría doscasos por viva voz. Isto significa que el pode estar limpando os vasos toda atarde diante túa na barra mentres agardas pacientemente que remate co que fai,e acto seguido faga a caixa ou fale por teléfono. Resulta estraño non escoitarnunca un ”que desexa?”.

 

Despois existen tamén unha serie de tarefascotiás de rápida resolución do outro lado do Atlántico como pegarse unha duchaou lavar a roupa que aquí poden volverse tediosas e complicadas. Por unhabanda, a roupa lávase a man, co que o tempo que precisas xa é outro; e o peor éque só dispoñemos de tres ou catro horas de auga ao día na beca, co que só opodes facer a certas horas: de 6 a 8 da mañá e da tarde, cando efectivamenteven.**

 

E a todo isto debemos sumarlle o calor e ahumidade, que che rouban as ganas de facer as cousas. Comezar a suar nada máissaír da ducha, ou porque subiches un momento á habitación. Ou o calor húmidodas guaguas ateigadas de brazos e cabezas buscando as barras de apoio ouberrando “chofer! abra la puerta” os días de choiva… resulta indescriptíbel.

Ademais, os cubanos teñen unha pacienciaincríbel, e canto máis te desquicias peor sangue te fas e todo segue ao seuritmo.

 

Cubanizarse ou morrer… abafado.

 

*No blog de Outes hai un completo post sobre acuestión dos transportes que inclúe vivencias persoais do autor http://outes.outestech.net/

 

**De novo no blog de Outes, existe un post quedescribe bastante ben a vida na beca, 12 & Malecón.