Xabier I Villares; distrito: La Habana

Crónica das primeiras impresións (30 de Agosto-2 de Setembro)

30 de agosto

 

12:45 – viaxe Madrid - Frankfurt

 

Estou sobrevoando Francia para facer a escalaen Frankfurt mentres boto un vitazo á guía Lonely Planet de Cuba e intúo casesen decatarme que dúas cousas vertebrarán esta improvisada bitácora : a músicae a xente coa que me cruce. 

 

En música, podo adiantar que os estilos quecolmarán os meus oídos nos vindeiros meses serán a salsa, a nueva trova, arumba, o son-changüí e o desgraciadamente xa célebre reguetón.

 

En canto á xente, a primeira mostra deamabilidade é Victoria, unha rapaza de Centro Habana  que acabo de coñecer en Barajas e que xafalou de presentarme á súa familia por se necesitaba algo cando ela volverápara Canarias : incríbel.

 

Polo momento nos auriculares soan Violadoresdel Verso.

 

 

 

 

 

21:09 hora galega – algún lugar do Atlánticoentre Europa e o Caribe

 

Imos nun avión a 745 km/h, 33900 pés dealtitude, cuns ventos de 125 km/h e unha temperatura exterior de -45Cº (einterior de pouco máis, que estou flipando co frío pegado á ventá) . Levamos aquímetidos xa case 6 horas e aínda nos quedan algo máis de 5.

 

O aeroporto de Frankfurt era enorme (o máisgrande de Europa, dsique). Para chegar ata o avión próximo tivemos que camiñaruns 20 minutos e coller un pequeno tren e un autobús. E todo sen saír daterminal 1. Poucos problemas na porta de embarque e para dentro.

 

Os cubanos son a puta alma deste vo. Nada máissubir, na miña zona xuntáronse  uns 10 detódalas provincias da illa e comezaron a facerse preguntas como se se coñecerande toda a vida. Neste intre están a sacarse todos fotos e parece que sonfamilia!

Forte contraste cos “guiris”, cada cal no seuasento, quietiños e lendo as súas historias. Sir Clapton esgota a maltreitabatería do meu MP3.

 

 

 

 

31 de agosto

 

06:35 hora galega; 00:35 hora cubana : o jetlag está a acabar comigo

 

Estou xa na casa dos meus coñecidos ate hoxedescoñecidos, a uns 22 km da Habana, en El Rincón, que está en Boyeros, ao Surda capital.

No aeroporto da Habana, o José Martí, nontiven ningún problema cas maletas, nin co visado nin con ningún trámiteadicional, situación que dubido que se manteña cando mañá busque aloxamento nabeca, cambie o meu tipo de visado e tramite todo o referente á universidade.

 

Unh bolboreta de ao redor dun palmo deenvergadura acompaña aos pensamentos que me rondan a cabeza nesta abafantenoite de agosto cubana. A cea foi execelente : uns feixoos (similares áslentellas) con arroz branco, patacas fritidas e polo. O meu dormitorio émodesto pero digno, como o resto da casa. A familia durme toda na habitación dolado; a pequena, o matrimonio, e a avoa; o avó fora, na mecedora. Unha cousaque me chamou a atención é que parece ser que hai aire acondicionado en tódolascasas da zona. Aquí, teñen un na habitación familiar.

 

A hospitalidade cubana resulta bastantesorprendente non estando afeito a este tipo de xente.

Malia o ventilador apuntándome directamente ácama, non creo que sexa doado pasar esta primeira noite de calor para un rapazdo interior (CdoI).

 

 

18:53

 

Tortuoso día de cuasi-trámites hoxe!

 

Erguinme ás 07:45, aínda que non saímos decasa ata as 09:30.

Resumindo, direivos que estiven na beca(residencia universitaria), na facultade, na oficina de RRII e na ColinaUniversitaria, e que non resolvín absolutamente nada. Dun lugar para outroescourríuseme a mañá e terá que quedar todo para mañá mércores e o xoves. Écomo tramitar un crédito de libre na USC pero máis heavy, con 30 Cº á sombra ecunha humidade relativa do 90%. Mal día para coñecer a Habana….

Polo menos cambiei algúns euros en C.UC. ( queé o peso convertíbel ou “chavito”) e en pesos ( moeda nacional, a de comprahabitual dos cubanos).

 

Así, finalmente durmirei hoxe de novo en El Rincónaínda que agradando poder mañá pasar a noite xa na Habana.

 

Rincón é un pequeno pobo por onde pasan carrosde cabalos que transportan xente ata as guaguas (autobuses) ou mercadoríasvarias, casas de planta única ou dúas plantas, moitos cans (encantaríacheTraba; estou todo o día chamando por eles!) e vehículos que datan dende os anos50 ata esta década.

 

A propósito dos coches antigos, oscelebérrimos chevrolet anteriores á Revolución, sorprendeume coñecer que ainmensa maioría conservan os motores orixinais, aínda que quen ten posibilidadetende a poñerlles equipos de audio potentes, melloras varias ou inclusopintalos como os típicos coches tuneados ; a ver se podo subir unha foto dogranate fosforito que ten o meu veciño para que vexades o espectacularresultado.

Con respecto aos carros, tamén curioso o dasmatrículas:

-       Amarela: coche particular.

-       Azul: coche estatal, que prestadistintos servicios.

-        Marrón: coche alugado (case sempre un turismocun domingueiro europeo dentro; moi caros , uns 75 C.U.C ao día.

-        Branca: coche ministerial ( se non levarapraca, nunca te imaxinarías que leva un ministro; vin un par deles hoxe e eranturismos brancos do máis normal).

-       Verde escura: ministerio dointerior.

-       Verde clara: FAR.

-       Negra: embaixada.

-       Vermella: chapa en reparación.

-       Laranxa: empresa estranxeira.

-       Carmelita: empresa cubana.

 

 

Esta tarde caeu tamén tremenda treboada quedesmontou boa parte do tendido eléctrico de El Rincón, pero rapidamente fóronseresolvendo os contratempos na casa (a palabra “resolver”, en boca todo o díaaquí).

 

Polo demais, sobrecollido por como a pequenada casa, explicábame o feliz que era aquí cos seus amigos, e ca gran casa quetiñan; unha habitación, unha saliña, dous televisores, “heladera”, aireacondicionado, mermelada de guayaba (riquísima, por certo)... “como non vouestar feliz aquí?”

O incrible é que a pequena ten 4 anos.

 

2 – setembro- 2010

 

Xa estou asentando na beca, aínda que ospapeis aínda non son de todo regulares. Os trámites tornáronse algo máistediosos nos dous últimos días e pouco a pouco vou descifrando o ambiente dositio onde vivirei os vindeiros 10 meses.

 

A beca é un lugar estraño e marabilloso, ondenada se pode lograr, pero todo se pode conseguir. Nada parece posíbel deprimeiras, e todo parece poder facerse cando vas coñecendo á xente axeitado. Seicaencarna bastante ben o espírito desta cidade.

 

Quen lestes xa a Outes (a quen me referireidurante todo o ano cal Wikipedia) e vistes as fotos (que por certo, comezarei asubir a semana que ven) , saberedes que as condicións non sempre son doadas.Pero pode rematar por ser un sitio acolledor.

 

Onte tiven o meu primeiro contacto musical narúa, con un rapaz que tocaba bastante ben a guitarra e unha rapaza cunha vozbastante espectacular. Vexo moita xente con guitarras pola rúa, en fundasnegras, pero sen tocalas. Seica as Casas da Cultura desta zona teñen bastantevida, así que haberá que pescudar algo máis. Hoxe foi tamén o meu primeirochapuzón no Malecón, e saín mesmamente suando da auga!

 

E esta noite non durmimos, xa que mañá Fideldará un discurso aos universitarios ás 07:30 na escalinata da Colina Universitaria,onde se atopa a Alma Mater, e dende as 00:00 haberá música e festa na zona.Coido que será toda unha experiencia….

 

E ata aquí a crónica das miñas aventuras edesventuras. A partir desta semana tratarei de escribir con xeito dos asuntosque me parezan máis destacábeis.

Ah! E preguntade canto queirades!

 

Saúdos!

Comentarios

- Outes: a xente da beca vaise multiplicar x 4 hoxe! - Ade: combinarei un pouco de salsa, pero de cambiar o rock nada de nada. o dos materiais superfluos non sabes no certo que estás...! - P.C.: ía facer un chiste político, pero para que? xD si, a barra está a escarallar canto escribo! - Sila: xa cando veñas pasar un ano a Cuba, fas ti a crónica ruliña! ; ) Un saúdo e apertas a todos!

Que che dixen dos nenos!!! son abraiantes Eu ao chegar ao José Martí flipei co cheiro de Cuba... Disfruta rapaz Unha aperta revolucionaria ;)

Alégrome de que todo te vaia indo ben. Sigue contando as tuas experiencias nun pais que non deixa indiferente a ninguén. Moita sorte.

Alédome de que xa esteas pola Beca con todo medio resolto, saiu bastante ben a cousa! Que tal ca xente na Beca? En 2 horas verás a Fidel, así que espero que esteas aproveitando o tempo na Escalinata!

é mentira o que di Traba... non parece que estamos alí... ¬¬\'

Xabieriño, xa estuven lendo... alégrome moito de que xa estes medio instalado. Seguirei o blog para saber de moito de ti. Moitos beixos limiaos de min, da Patri e da Eli. Ánimo cos papeleos!!!

Interessante crónica, Javito! Já me seguirei informado via o teu blogue! A beber o pis do pueblo!

guau!!!!, grazas por abrirnos unha xanela, aparte ao redactalo tan detallado parece que estamos alí contigo vivindo a experiencia, lembrámonos de ti!!!. un biquiño!

Alegrome moito de que todo vaia ben. E pensandoo ben quizabes esa cidade te cure do teu desorde, xd. Un bico moi forte e falamos

Xenial saber cousinhas de ti por fin... Pásao ben esta nuite, e cóntanos de Fidel manhá! Cuidate muito...

Añadir un Comentario: