Xabier I Villares; distrito: La Habana

Por que non hai dólares en Cuba?; enfoque de investigación

 

En clase de Economía Cubana o Dr. Cruzcomentou unha historia que me parecía digna de compartira aquí.

 

Para quen non estea moi ao tanto deste asunto,en Cuba conviven actualmente 2 moedas: C.U.C. e moeda nacional.* Mais, duranteo actual período especial, houbo uns anos de convivencia con diferentes tiposde dólares, entre eles o americano, o cal se retirou da circulación en 2004 eneste intre se penaliza a súa convertibilidade cunha taxa do 20%, ca intenciónde impedir a súa penetración na economía cubana a través do turismo ou dasremesas emigrantes.

 

A cuestión novidosa radica na razón pola calse tomou esta medida.

 

Resulta que inmediatamente despois da caída docampo socialista en (1989-1991) Cuba tivo que abrir as súas fronteiras aoturismo dunha forma bastante desordenada como medida para superar adesaparición do seu maior socio comercial ( entre o 80% e o 90% dasexportacións e importacións da illa eran ca URSS), e cando se viu obrigada a aceptaro dólar como moeda de comercialización, todo o peso do bloqueo caeu sobre ela.

 

O Goberno cubano decidiu enviar os dólares queentraron no país e estaban en poder do Banco Central de Cuba a un banco suízo,aparentemente lonxe dos problemas do bloqueo, nunha conta numerada.

 

Cando o diñeiro chega ao banco recórtanlleprimeiro ata o 2% polos servizos de seguros ao total da cantidade ingresada, eata o 5% debido ao mal estado no que se atopaban os billetes, co cal o país tensó o 95% do que enviou ao banco. Pero o máis grave de todo resulta ser que EEUUdescubre esta conta e decide penalizar ao banco suízo por realizar a operación,evidenciando a imposibilidade de Cuba de operar con dólares en ningunha partedo mundo, e dando comezo á actual situación.

 

 

*Máis información sobre as moedas que circulanen Cuba http://outes.outestech.net,nun dos seus primeiros post.

 

Comentarios

-Nune: os ordenadores son unha merda e os teclados van a sua bola (o til!) pero tratarei de corrixilo -Ximena: dedicarei un post a internet, claramente, que o merece... dende que perdin a conexion do cohiba son todo problemas! Apertas a tod@s!

Cando podas comenta o do acceso a internet. Bicos!

Interesante... e eu carghadinha de dólares yankis... (x Sigue contando así as cousas cousa, enténdese mui ben. (Pra que o entenda eu...) Por certo, non sei como che aparece a ti, pero nas letras nas que puxestes til ou "ñ", aparecen con símbolos raros. Ademais de faltar espazos entre palabras. Agardo novas prontinho!! (: Miau.

Interesante entrada! Actualizas de cada pouco, eh...! QUE NON SE PERDA A COSTUME! E si, a min tamén se me ven mal as palabras con tiles e eñes... Saúdooos! :)

Añadir un Comentario: