Xabier I Villares; distrito: La Habana

Un pequeno achegamento ao Centro Galego

Facía xa algún tempo que tiña ganas de achegarme polo que fora o histórico Centro Social Gallego de La Habana, hoxe chamado Gran Teatro, a ver que había -ou quedaba- do colectivo que un século atrás supuxo a metade do total da inmigración chegada á Illa dende o Estado español.

 

Tiven o contacto perfecto nun coñecido ben recente chamado Sixto, un rapaz novo duns 22 anos, bo coñecedor da cultura galega, xa vinculado dende hai un lustro ao Centro.

 

Nada máis entrar, as luxosas escaleiras de mármore branco están presididas polo escudo de Galiza, e a través delas accedo ao corredor esquerdo. Chegando ao fondo do mesmo tópome ca porta: “SociedadesGallegas”. Pero atópase pechada, e avanzo un pouco máis para toparme con outra:“Sociedades españolas en Cuba”. En esencia, daban á mesma estancia, e é un simple detalle e unha curiosidade. Pero cando vin algo de cómo estaba a cousa por dentro, en seguidiña se lle atopan analoxías.

 

Repartidas en tres filas, atópanse aló a meirande parte das 49 asociacións galegas radicadas en Cuba a data de hoxe- todas agás as que teñen local propio na cidade, que non chegan ás 10. Moitas destas sociedades son de carácter unipersoal, levadas por netos de galegos.

 

Pero sen dúbida, o impacto maior veu dado pola cantidade de bandeiriñas de España e fotos de Don Manuel que vin nas vitrinas das sociedades, todas cos nomes sen normalizar (Valle del Oro, Lorenzana…etc). Ben, non é que agardara aló un recunch oinsospeitado do nacionalismo galego, ou de exacerbada resistencia progalaica, pero imaxinaba algo máis antigo e sereno, e dende logo non agardaba quecheirara dese xeito á Xunta do PP. Produciume unha sensación ben estraña, e nonpodo deixar de pensar con certa tristeza a imaxe que Fidel leva transmitidodalgún xeito do propio Fraga, pero tamén de Juan Carlos I e de outros personaxes desta beira do Atlántico ao mundo e ao propio pobo cubano*. En definitiva, custa lembrar que foi neste lugar onde por vez primeira se interpretara o HimnoNacional aló polo 1907.

 

O mellor sen dúbida foi falar un rato co Sixto, que está feito un erudito da literatura galega, emesmo me agasallou cun libro do Neira Vilas reeditado recentemente en Cuba, “Pescadores gallegos en La Habana”. Seguirei vencellado ao Centro nestes meses, e a ver que vou descubrindo.

 

 

*Recoméndovos, para comprender ben ao que me estou a referir, a lectura de “Cen horas con Fidel”, sobre todo o capítulo 23 “Cuba y España” deste famoso libro de conversas co home realizado por Ignacio Ramonet entre 2003 e 2005, e publicado en 2006.

Comentarios

agora cheira a don manuel, no seu día cheirou a don francisco e no seu momento cheirara a don alberto.... por algo Curros Enriquez foi morrer o centro asturiano......

Deberías ler o libro de Neira Vilas, está ben interesante! E podes pasarte se queres por Casablanca, cruzando na Lanchita de Regla, que é onde vivían os primeiros galegos que chegaron. Igual aínda queda algo diso, eu non cheguei a coñecer o barrio...Así comentas que hai do pobo galego en Cuba!

A verdade é que si que é algo decepcionante que cheire a ghaivota no Gran Teatro... pero ser é impresionante... podías subir algunha foto! O día que vaia vivir a Cuba monto eu unha asociación nacionalista. (x

Añadir un Comentario: