Xabier I Villares; distrito: La Habana

Nota Informativa- meidias económicas no xornal

Nota de prensa, transcrita ao galego, aparecida no diario Granma o pasado Martes 3 de Maio de 2011

 

En consideración ao incremento no prezo do café no mercado mundial, que en data similar do pasado ano ascendía a 1740 $ a tonelada de café robusta e na actualidade cotízase a 2904, para un aumento dun 69%, decidiuse producir novamente café mesturado con chícharo con destino á cota normada.

 

Ademais da causa anterior, nesta medida inflúen os baixos índices de produción nacional.

 

Pola súa banda, o prezo do chícharo no mercado internacional, seguindo a tendencia dos alimentos, aumentou no último ano en menor proporción, de 390 $ a tonelada a 500$, para un 30%. Como se aprecia, trátase de niveis de prezos moi inferiores aos do café.

 

Ante estes elementos de orde económico, determinouse fixarlle un prezo de 4.00 (CUP)* á bolsa de 115 gramos de café mesturado para apoiar os niveis que se continuarán entregando de forma normada á poboación.

 

Adicionalmente suprímese a cota normada que se entrega aos consumidores de 0-6 anos.

 

Estas medidas serán aplicadas a partir do presente mes.

 

Coa adopción destas decisións, aínda o Estado mantén un subisidio aproximado de 190 millóns de pesos anuais.

 

Ministerio de Comercio Interior

3 deMaio de 2011

 

*Prezo en moeda nacional ou peso cubano, ao cambio de 24CUP=1CUC. 1 CUC ou peso convertíbel equivale aproximadamente a 70cts de € no intre en que se escribe este artigo.

Comentarios

No Congreso quedou bastante claro que esa vía está desbotada. E nas últimas conferencias da Facultade sobre o tema, máis do mesmo. Polo momento, non máis azucre. Non a ese nivel, vamos...

E que o ano pasado houbo fortes incrementos do prezo do azucre no mercado internacional, e barallábase a posibilidade de rehabilitar parcialmente a industria azucreira, pero supoño que ó final se descartou, polo que dis...

Curioso é, si...! Do azucre, a cifra exacta segue a ser segredo de Estado. Pero a produción segue en torno ás 1.8 toneladas anuais, xa sabes. No Granma nada novo do tema ultimamente...! Apertas!

Sabes algo da produción de azucre? Saiu algo ultimamente?

Curioso cando menos este tipo de notas de prensa, xD

Añadir un Comentario: