Xabier I Villares; distrito: La Habana

“O soño faise a man e sen permiso”; Concerto de Silvio Rodríguez


Silvio é figura clave no nacemento da chamada Nova Trova cubana, cun tamaño só comparábel ao de Pablito. Coñecido e recoñecido mundialmente como cantautor, aínda que con fama de difícil xenio para tratar, é moi apreciado e querido en Cuba. Pero o que está a facer agora é realmente grande.

 

O Domingo estiven nun concerto seu no barrio de Romerillo, en Playa, ao Oeste da Habana. “Como pode ser isto posíbel?” ,pregunteille a Alberto, compañeiro e profesor da Facultade. Era sorprendente de súpeto atoparse a Silvio cantando en medio da rúa nun barrio dos suburbios da Habana, diante dun puñado de persoas. El, que pode encher estadios. E é que resulta que está a dar unha xira por tódolos barrios problemáticos da cidade- ou  “barrios problemáticos”; deberiades ver o que os cubanos entenden por zonas perigosas, zonas onde por exemplo “unha vez un tipo chantoulle unha navalla a outro”, “cando?”, “creo que hai 3 ou 4anos…”, “…”.

 

Estes concertos, feitos a iniciativa propia, están pagados polo propio Silvio, ca intención de achegar a súa música a tódalas esquinas da cidade. Son ao aire libre, e neles invita a músicos de primeira liña do panorama cubano, caso do pianista Frank Fernández ou KelvisOchoa. Nesta ocasión, o trovador Polito Ibáñez foi o seu teloneiro.

 

Foi algo sinxelo: un escenario, unhas luces, unha bandeira cubana no fondo, e eles tocando. Un concerto de aredor dunha hora cheo de temas míticos como “La maza” ou “Canción del elegido”, sorpresas como unha acerca dos“pioneritos”, inspirada na súa estadía en Angola, e pechando ca eterna “Ojalá”.

 

Ademais, como eramos ben poucos, estabamos nas primeiras filas sen os abafamentos típicos.

 

O home leva uns 16 concertos e quedan outros 20 ao longo do ano. Así que trataremos de asistir a algún máis. Non tódolos días se pode ver a Silvio de gratis nun “problemático” barrio da Habana.

 

Algunhas fotos do acontecemento, mañá, xa sabedes:


http://xabivillares.tumblr.com/

Comentarios

Mola iso que os cubanos consideran "barrio conflitivo". Habían de visitar algunhas zonas de Londres. xD

as fotos xa están no TUMBLR

carallada de última hora! /www.cubadebate.cu/noticias/2011/05/18/una-gota-mas-y-el-romerillo/ Saúdos e apertas a tod@s!

Non sei se manhá aparecerán aquí 3 comentarios, pero parece que o chintófono este non furrula ben... alá vai! (x a falta de unha... as veces que quiras... grrr... envexa profunda. ojalá.

a falta de unha... as veces que quiras... grrr... envexa profunda. ojalá.

Es un privilexiado, Xabi! E é un pracer lerte cada vez que teu irmán te comparte no facebook. Goza da vida cubana! Unha aperta forte dende a outra beira do Atlántico

morro coa envexa!! jajjaja!! temos ganas de verte neste lado do charco!!! mil bicos e disfruta de Cuba!!

Xabi , morro coa envexa!!!! xa teño ganas de verte para que nos contes todas estas cousas en persoa, disfruta o que che queda e mil bicos

Añadir un Comentario: