Xabier I Villares; distrito: La Habana

Choveu na Habana


Hoxe choveu na Habana, despois de meses sen caer nin pinga. Choveu, e sei que non é por azar.

                                                                                               

As grises nubes cinguidas a este ceo eternamente azul descargaban con tristura na tarde de domingo. Non había rabia, non había ira, non había tan sequera un chisco de insatisfacción, só tristura e dor, coma de quen sabe da súa sorte xa botada. Sospeitaba porqué.

 

Na cidade que veu nacer aos símbolos da Patria, á bandeira, ao Himno, sentiuse un pardo reflexo do que está a chegar na nosa Terra. O Fanguito encheuse de lama, e a nosa bandeira chorou as negras bágoas de Omara.

 

As aguias que os nosos devanceiros viron ensombrecer o seu porvir, volven tinguilo de moi azul escuro outra volta máis, con outras formas, doutros xeitos, co mesmo fin.

 

Tócanos entón de novo loitar nas tebras. Até cando…?

Comentarios

): creo que non vou poder deixar de chorar en muitos dias... conta, van 3 seguidos... Mais non dubides que imos luitar. Con máis forza e ganas, pra demostrarlle a Galiza que, unha vez máis, errou por non saber escoller o futuro do seu País.

:(

Añadir un Comentario: