Xabier I Villares; distrito: La Habana

Últimas consideracións e fin da aventura

 

Nas últimas semanas en Cuba estiven a facer unha serie de viaxes que valen a pena relatar en boa medida, así como certas reflexións que coido servirán para completar a visión de todo este ano.

 

Era a miña intención transcribir todo dende a Illa, pero os últimos días na Habana estiveron algo máis enredados do que eu agardaba entre despedidas e papeis de última hora, polo que me foi imposíbel cumprir debidamente co que me estabrecera.

 

Coido entón que é a miña responsabilidade rematar esa tarefa autoproposta de ofrecer unha imaxe de conxunto do que significa este país, polo que nestas semanas irei sacando unhas breves crónicas escritas nesas derradeiras semanas- polo momento-, que agardo vos resulten interesantes e sexan de utilidade.

Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: