Xabier I Villares; distrito: La Habana

50 aniversario dos CDR e reaparición de Fidel

Escrito por xabivillares 29-09-2010 en General. Comentarios (3)

Este martes 28 de setembro cumpríronse 50 anosdo nacemento dos Comités de Defensa da Revolución,a unidade básica na estruturada Revolución. Organizados en cada cuadra (mazá), exercen dende 1960 diversaslabores, dende a creación de censos ata vixiancia, actos lúdicos… etc. Unhaespecie de comunidade de veciños con moitas atribucións xurídicas e obrigas,que a volve elemental para entender o desenvolvemento administrativo edemocrático do sistema.*

 

Con motivo deste acontecemento, a noite do 27de setembro prendeuse unha cacharela en cada CDR da cidade (imaxinádesvoscantas mazás pode haber na Habana?) e o ambiente de festa, a música e o HabanaClub apoderouse de todo e de todos.

 

Así mesmo, había unha sorpresa preparada: olíder da Revolución volvería falar en público con este motivo.

O primeiro que pensei foi “joder, Adrián vaimeodiar definitivamente”; o segundo, que a ver como facía para ir.

 

Foi que chegamos ás 6 da mañá á Plaza 13 deMarzo onde estaba todo previsto, e foi que me fixen co penúltimo convite quequedaba. E foi tamén que nos situamos na parte de diante, onde tódolosuniversitarios.

Falaron primeiro o coordinador xeral dos CDR,Juan José Rabilero e Yoelky Sánchez, que xa recitara no anterior acto. Perodesta volta todo tivo outra cor.

Fidel estaba mellor, o ambiente era diferente.Despois de rememorar o discurso tras o atentado contra a súa vida na súa viaxea EEUU en 1960, e de fundación dos CDR, quitou os anteollos, e abriuse unhaespecie de diálogo cos asistentes. “Quieren que el pueblo abdique ante el poderimperialista” dixo Fidel; “no podrán nunca” respondeu alguén dende o fondo. Ecousas similares durante unha media hora. Unha situación ben peculiar que dendelogo non esquecerei doadamente. Ocorreu todo baixo a clemencia dunha nube queimpediu que nos achicharraramos todos a partir das 09:00.

 

Despois de aquilo e do proceso reflexivo queabrín para comigo, podo dicir que o que máis me preocupa de todo é que Fidelten 84 anos e que non hai nin unha soa figura nesta illa que se aproxime á súaaltura, nin tan sequera que poda competir con el. E as ideas non se podenfusilar, pero as persoas que as abandeiran desaparecen algún día. Quenrecollerá este pesado testigo e continuará esas ideas? Agardo que un pobocubano maduro e consciente da súa historia.

 

 

*Referencia no blog de Outes, http://outes.outestech.net/ “pequenaaproximación aos CDR”

Orlando Torres; un revolucionario en Sta Clara

Escrito por xabivillares 27-09-2010 en General. Comentarios (5)

 A anterior fin de semana fixemos unha pequena incursión na provincia de Villa Clara, con especial énfase na capital Sta Clara, a eterna vila do Che Guevara.

 

Erguémonos non moi cedo, sobre as 08:00, para facer a pertinente cola na terminal, que non durou máis de hora e media. O grupo tivo que separarse por diversas razóns, así que quedamos no mausoleo do Che, nunha das entradas á vila. Pola miña banda, eu puiden viaxar cos cubanos, nunha guagua, por 56 pesos cubanos (sobre 2€) con aire acondicionado na que seía realmente ben.

 

Chegamos ao punto de encontro todos case ao mesmo tempo, e despois de ver o museo e o memorial, así como a espectacular estatua que preside a praza, fomos cara o centro, onde vimos a Praza e botamos un vistazo nos redores.

Máis tarde cara o monumento do tren descarrilado polo Che en 1958. Trátase dos propios vagóns que fixeron descarrilar, e ao seu lado o buldocer chegado dende as plantacións de caña que empregaron para deformar as vías.

En fronte do Comité Provincial do PCC atopámonos ca que para min resultou a máis orixinal e interesante estatua do Che.Está el, camiñando cun pequeno no brazo, e nas enrugas das súas roupas está elen diferentes situacións, ou simboloxías varias: en moto, escalando, descansando, nunha tribuna cos compañeiros do PCC, unha muller debaixo do seu brazo… pequenos detalles ao principio imperceptíbeis que a fan única.

E finalmente a “loma del Capiro”, dende a que tomaron Sta Clara en Decembro de 1958, no punto máis alto que rodea a cidade.

 

Agora ben, todo isto é turisteo, e pode ir noutro post mellor detallado. A cousa púxose interesante á noite, cando chegamos a casa dos avós de Eddy (compañeiro da beca que coñeceredes nun posterior post, porque sinxelamente é o ser humano con máis talento que coñecín xamais). Aló tiven a sorte de compartir teito e comida cun anaco de historia viva. Falo de Orlando Torres, revolucionario que se atopaba en Sta Clara no ano clave, compañeiro do Che Guevara, e que coñeceu persoalmente a Camilo Cienfuegos e combateu en Angola. E que casualmente, resultou ser o avó de Eddy.

 

O lugar exacto foi El Gigante, unha aldea a uns 20 km de Sta Clara. E naquela casa onde paramos estiveran o Che e os seus guerrilleiros preparando operacións para a toma da vila, incluíndo o descarrilamento do tren.

A anécdota máis curiosa foi como lograron pasar por aló á noite.

O Che observou a un rapaz xogando cun arco, e con certeira puntería. Foi entón el falar persoalmente ca súa nai, á que lle pediu se o seu pequeno podía estalar as luces dos farois durante o día, sendo así a forma que tiveron para poder atravesar toda a zona, aínda tomada polos soldados de Batista.

O día clave do descarrilamento, Orlando e os seus compañeiros agardaban dende a loma do Capiro o momento. E houbo disparos, pero non moitos; os soldados rendéronse rapidamente, o tren foi freado e o armamento requisado pola guerrilla.

 

Aos seus 78 anos, ninguén lle botaría aOrlando máis de 65. Despois do triunfo da Revolución, no ano 64 foi á fronte en Angola, constituíndo todo un exemplo de revolucionario cubano.

A vida aínda lle depararía unha volta ben complicada anos despois: unha hemoplexia que lle deixaría sen sensibilidade a metade do corpo, e da cal se recuperou case totalmente con vontade de ferro. Un home dos que non só vale a pena coñecer: debes coñecelo como sexa se estás neste país

Mañá do 3 de setembro, despois da longa espera

Escrito por xabivillares 22-09-2010 en General. Comentarios (10)
Mañá do 3 de setembro, despois da longa espera:


Acceso a Internet

Escrito por xabivillares 18-09-2010 en General. Comentarios (8)
O acceso a internet na illa non é un asuntodoado…

 

En primeiro lugar, comentarei dúas cuestiónsfundamentais.

 

Non existe ningunha prohibición sobre apoboación cubana con respecto ao acceso a Internet. É falsa calquera afirmaciónsobre o feito de que se pretenda impedir aos cubanos facer consultas na rede.

 

A rede non está manipulada, como no caso porexemplo de China (célebre o exemplo de poñer Tianan Men?? no Google e que nonapareza nada). Iso aquí ata onde eu sei, non ocorre.

 

Agora ben, o acceso á rede é ben limitadoaquí, en primeiro lugar, porque estamos nunha illa. E ademais esta illa sufreun bloqueo.

Segundo teño entendido, toda a banda queexiste ven por satélite, co cal o prezo é alto e a calidade pésima, cousa quepuiden comprobar.

 

Non obstante, hai 3 grupos principalmente conacceso, sen ter en conta ministerios e funcionariado:

 

O estudantado; no verán había conexión na becatódolos días nun par de ordenadores, se ben agora durante o curso só existe ossábados. Nas Facultades tamén existen posibilidades de conexións, a priori máisaccesíbeis.

 

Os grupos de investigación e docencia, queteñen salas propias, onde a velocidade non é maior que nas salas de estudantes.

 

Os hoteis, a tarifas realmente escandalosas.

 

E cando digo escandalosas, refírome a que chepoden cobrar facilmente nun hotel ata 5 CUC por media hora de conexión (isocando teñen tarxetas para poder conectarse nesa época; esa é a principal razónda miña irregularidade nestas semanas). Imaxinádevos un rapaz cubano ao que lledan 50 pesos cubanos ao mes (2 CUC), a ver como podería resolver este enormeproblema de aritmética para consultar algo nalgún deses ordenadores! Se ben nasclases facilitan todo o material en pen drive ou CD, e teñen unha boa redeintranet con correos e demais , co cal faise bastante innecesario para  mesteres académicos.

 

En canto á baixa calidade, resulta caseimposíbel conectarse ao skype ou algo similar por vías legais, se ben a todoisto que vos conto hai que engadir un sen fin de pequenos negocios agochadospola cidade onde tamén se pode lograr conexión de diversas formas e a diversosprezos. Iso tamén forma parte do xogo, pero tería que dedicarlle un postenteiro… ou dous…

E a xente da Habana, que tal é?

Escrito por xabivillares 16-09-2010 en General. Comentarios (5)

Levo xa algo máis de dúas semanas por aquí, epodo asegurarvos que hai tantos tipos de xente nesta cidade coma CDRs. Son máisde dous millóns douscentos mil habitantes.

 

O que teño claro é que La Habana é a grancidade latinoamericana máis segura que existe, e tamén das máis seguras domundo. Paseei só polas labirínticas e escuras rúas de Centro Habana, sóiluminadas en ocasións polos coches que espazadamente ían pasando, volvín tardeá miña beca no Vedado e fun máis alá do Malecón para regresar de madrugada,mais non tiven nada parecido a un percance.

 

Os maiores problemas dos que podo falar sonque te “jineteen” se che ven cara de yuma unha soleada tarde ou mañá oumediodía ou solpor ou entre lusco e fusco dando un garbeo por Habana Vieja,principalmente, vendéndote puros de contrabando, moedas de 3 pesos nacionais doChe por un par de euros ou ofrecéndoche negocios raros . Ou ben que che metan aman na mochila na guagua, aínda que isto a min aínda non me aconteceu.

 

Da xente da que me atopo de cotío entre a becae a facultade podo dicir que son xente amábel, que che indica calquera cousaque lles preguntes e che acompañan ata onde faga falta en moitos casos. Hoxemesmo viroulle o carriño ao rapaz que vende “pan con perro” na entrada daFacultade, e todo o mundo se puxo a botarlle unha man con todo o que lle caera(de feito perdemos todos o bus!).  OVedado é unha zona residencial ben tranquila sen acoso de ningún tipo mantendoun pouco a distancia co Malecón e as inmediacións dos hoteis nas horas clave.

 

Pola noite non vin nada parecido a unha pelexaen ningunha discoteca (e teño dúas pegadas á residencia) nin tampouco pola rúa.Os acontecementos violentos son meramente anecdóticos por aquí.

 

Sen idealizar, cónstame que hai zonas queaínda non coñezo, e xente bastante máis difícil de levar por aquí. Na becamesmo vexo formas de ver o mundo moi contrapostas, formas diferentes detratarse uns aos outros. Non todos están feitos da mesma pasta, non todos chetratan igual tampouco. Pero o certo é que, estudante ou traballador, todo omundo ten algo do que ocuparse durante oito horas ao día, e aínda que istoafecte aos niveis de produtividade en moitas ocasións, é clave na tranquilidadeque se respira na cidade.

 

A miña diagnose é que será un bo ano.

Para estudar, digo.