Xabier I Villares; distrito: La Habana

Por que non hai dólares en Cuba?; enfoque de investigación

Escrito por xabivillares 13-09-2010 en General. Comentarios (4)

 

En clase de Economía Cubana o Dr. Cruzcomentou unha historia que me parecía digna de compartira aquí.

 

Para quen non estea moi ao tanto deste asunto,en Cuba conviven actualmente 2 moedas: C.U.C. e moeda nacional.* Mais, duranteo actual período especial, houbo uns anos de convivencia con diferentes tiposde dólares, entre eles o americano, o cal se retirou da circulación en 2004 eneste intre se penaliza a súa convertibilidade cunha taxa do 20%, ca intenciónde impedir a súa penetración na economía cubana a través do turismo ou dasremesas emigrantes.

 

A cuestión novidosa radica na razón pola calse tomou esta medida.

 

Resulta que inmediatamente despois da caída docampo socialista en (1989-1991) Cuba tivo que abrir as súas fronteiras aoturismo dunha forma bastante desordenada como medida para superar adesaparición do seu maior socio comercial ( entre o 80% e o 90% dasexportacións e importacións da illa eran ca URSS), e cando se viu obrigada a aceptaro dólar como moeda de comercialización, todo o peso do bloqueo caeu sobre ela.

 

O Goberno cubano decidiu enviar os dólares queentraron no país e estaban en poder do Banco Central de Cuba a un banco suízo,aparentemente lonxe dos problemas do bloqueo, nunha conta numerada.

 

Cando o diñeiro chega ao banco recórtanlleprimeiro ata o 2% polos servizos de seguros ao total da cantidade ingresada, eata o 5% debido ao mal estado no que se atopaban os billetes, co cal o país tensó o 95% do que enviou ao banco. Pero o máis grave de todo resulta ser que EEUUdescubre esta conta e decide penalizar ao banco suízo por realizar a operación,evidenciando a imposibilidade de Cuba de operar con dólares en ningunha partedo mundo, e dando comezo á actual situación.

 

 

*Máis información sobre as moedas que circulanen Cuba http://outes.outestech.net,nun dos seus primeiros post.

 

Materias e primeiros dias na Facultade

Escrito por xabivillares 11-09-2010 en General. Comentarios (6)

Nun día calquera de clase, o seu é erguerse ás 07:00, asearse ca auga que se teña a man, almorzar algo que dean na beca e tirar canto antes para a parada da “guagua”, porque nunca sabes cal será a que pare. Atestadas de xente que ás veces leva medio corpo fora do bus, pasan bastante rápido para o que é o ritmo desta cidade.

Así, son 40 centavos de peso cubano (uns 2 cts de €); a outra opción é “almendrón”, os xa mencionados míticos coches dos anos 50, que cumpren aquí función de taxi de ruta fixa, por 10 pesos.*

 

Chegando á Facultade, sempre podes completar o teu almorzo cun “jugo” de guayaba, por 2 pesos cubanos ( 12 cts de €) ou cun refresco nacional- popular cubano, por un peso.

 

As clases son nos pisos 7º e 8º (aínda que estas semanas pasei máis tempo no despacho de Relacións Exteriores do piso 11º que nas clases), e as materias deste semestre:

 

Economía Política II; “Imperialismo, fase superior do capitalismo” será o principal libro desta materia, e Lenin o meu mestre.

 

Economía Cubana I; dende 1959 ata 1989, comezo do período especial.

 

Pensamento Económico Universal; historia do pensamento económico dende os mercantilistas, pero dende unha perspectiva plenamente marxista.

 

Negociación; técnicas de negociación en empresa e internacionais.

 

Planificac. econ. nacional: fudnamentos e estratexias da planificacion cubana.

 

Despois da clase, volta á beca, perdéndose un pouco entre cuadras, e topándome con estrañas escenas e persoas, baixo un sol de xustiza que cae verticalmente como castigo do demo, ou baixo sorprendentes (moi sorprendentes!) treboadas que encrechan ata o último pelo do corpo. Os raios caen con frecuencia en distintas partes da cidade, e semella que o próximo vaiche vir enriba.

 

Na que me pillou onte, que cheguei á beca mollado como se viñera de bañarme no malecón, topeime nun portal no que me resgardei cun señor maior, que camiñaba descalzo pola chuvia.

Resultou ser o profesor que leva a cátedra de frauta no Conservatorio da Habana. Toca tódolos días en diferentes locais da cidade. Dixo que preguntara por el cando fora velo. Teremos que ver como é a cousa.

 

*Non me estendo máis no referente a transportes, prezos e moedas, temas tratados amplamente e de forma mestra no blog de Outes, nos respectivos apartados; http://outes.outestech.net/

... e cheguei a Cuba e vin a Fidel

Escrito por xabivillares 05-09-2010 en General. Comentarios (13)

Lémbrome coma se todo fora hai un par dedías….

 

Estaba a facer trámites na ColinaUniversitaria a mañá do 2 de setembro cando lin no Gramma que Fidel falaría en públicodespois de máis de catro anos e tras estar ao borde da morte.

Quixen poñerme entón mans á obra, a ver setiña a posibilidade de ir velo á escalinata da Colina, onde a célebre AlmaMater, cando cheguei á beca e descubrín que todo sería moito máis doado do quepensaba, e que así mesmo estaba todo disposto para que tódolos universitarios(estranxeiros incluídos) puideramos ir sen problema ao histórico acto.

 

Chegamos ao estadio universitario ao redor das00:30, onde había música e ambiente de festa e onde se darían as acreditacións,que comezaron a pasarse a partir de aproximadamente as 03:00, ordenadamente porfacultades. Vivín entón a que sen dúbida foi a peor e máis tortuosa cola damiña vida: 2 horas morrendo entre o cansancio, a abafante calor, o sono e afalta de auga comigo! Seica os cubanos están acostumados a este tipo de colas,pero unha vez máis, para un galego do interior vólvese duro… despois estivemosdescansando nas gradas un anaco, e máis tarde foi cando todo valeu a pena.

 

Chegamos á escalinata sobre as 06:00, e nospuxeron a apenas 15 metros do atril. Aló o tempo transcorreu xa máisrapidamente, e a emoción deixábase notar no ambiente; aínda non coñecín un sócubano que non me falara con admiración e fondo respeto de Fidel,independentemente das diversas inclinacións políticas que puideran mostrar.

 

Primeiro, ao redor das 07:30,  o cantautor Raúl Torres interpretou un tema deSilvio; despois, o xornalista poeta Yoerky Sánchez recitou un xenial poemadedicado a Obama que versaba sobre a situación dos conflitos mundiais (tratareide transcribírvolo nalgún intre), seguido da presidenta da FederaciónEstudantil Universitaria, Maidel Gómez. E despois, o gran momento.

 

No intre en que o Comandante en Xefe FidelCastro ergueuse para falar, fíxose o silencio máis sepulcral que na miña curtavida percibín xamais nunha concentración. Todo o mundo agardaba cunhaexpectación moi difícil de explicar as súas palabras. Pola miña banda, debodicir que eu tamén sentín que estaba ante unha figura dunha enorme relevanciahistórica, bastante maior da que apreciara nos libros, segundo sentín nos díasque levo nesta illa, segundo a súa propia historia ensina, segundo me ensinantódolos cubanos que coñecín ate hoxe, de calquera condición, raza ou idade.

 

O seu discurso foi dirixido, basicamente, endúas direccións: a paz mundial ante unha posíbel guerra en Oriente Medio e apreservación do planeta ante a destrución á que o capitalismo está a sometelo.

Pero iso xa o podedes ler en calquera xornal…

 

Ah, por certo! E falei para a canleinternacional para latinoamérica (aparecería por Telesur e non sei que cousas),  dando a miña visión de estudante europeo. Sealguén atopa o link, xa sabe.

Crónica das primeiras impresións (30 de Agosto-2 de Setembro)

Escrito por xabivillares 03-09-2010 en General. Comentarios (12)

30 de agosto

 

12:45 – viaxe Madrid - Frankfurt

 

Estou sobrevoando Francia para facer a escalaen Frankfurt mentres boto un vitazo á guía Lonely Planet de Cuba e intúo casesen decatarme que dúas cousas vertebrarán esta improvisada bitácora : a músicae a xente coa que me cruce. 

 

En música, podo adiantar que os estilos quecolmarán os meus oídos nos vindeiros meses serán a salsa, a nueva trova, arumba, o son-changüí e o desgraciadamente xa célebre reguetón.

 

En canto á xente, a primeira mostra deamabilidade é Victoria, unha rapaza de Centro Habana  que acabo de coñecer en Barajas e que xafalou de presentarme á súa familia por se necesitaba algo cando ela volverápara Canarias : incríbel.

 

Polo momento nos auriculares soan Violadoresdel Verso.

 

 

 

 

 

21:09 hora galega – algún lugar do Atlánticoentre Europa e o Caribe

 

Imos nun avión a 745 km/h, 33900 pés dealtitude, cuns ventos de 125 km/h e unha temperatura exterior de -45Cº (einterior de pouco máis, que estou flipando co frío pegado á ventá) . Levamos aquímetidos xa case 6 horas e aínda nos quedan algo máis de 5.

 

O aeroporto de Frankfurt era enorme (o máisgrande de Europa, dsique). Para chegar ata o avión próximo tivemos que camiñaruns 20 minutos e coller un pequeno tren e un autobús. E todo sen saír daterminal 1. Poucos problemas na porta de embarque e para dentro.

 

Os cubanos son a puta alma deste vo. Nada máissubir, na miña zona xuntáronse  uns 10 detódalas provincias da illa e comezaron a facerse preguntas como se se coñecerande toda a vida. Neste intre están a sacarse todos fotos e parece que sonfamilia!

Forte contraste cos “guiris”, cada cal no seuasento, quietiños e lendo as súas historias. Sir Clapton esgota a maltreitabatería do meu MP3.

 

 

 

 

31 de agosto

 

06:35 hora galega; 00:35 hora cubana : o jetlag está a acabar comigo

 

Estou xa na casa dos meus coñecidos ate hoxedescoñecidos, a uns 22 km da Habana, en El Rincón, que está en Boyeros, ao Surda capital.

No aeroporto da Habana, o José Martí, nontiven ningún problema cas maletas, nin co visado nin con ningún trámiteadicional, situación que dubido que se manteña cando mañá busque aloxamento nabeca, cambie o meu tipo de visado e tramite todo o referente á universidade.

 

Unh bolboreta de ao redor dun palmo deenvergadura acompaña aos pensamentos que me rondan a cabeza nesta abafantenoite de agosto cubana. A cea foi execelente : uns feixoos (similares áslentellas) con arroz branco, patacas fritidas e polo. O meu dormitorio émodesto pero digno, como o resto da casa. A familia durme toda na habitación dolado; a pequena, o matrimonio, e a avoa; o avó fora, na mecedora. Unha cousaque me chamou a atención é que parece ser que hai aire acondicionado en tódolascasas da zona. Aquí, teñen un na habitación familiar.

 

A hospitalidade cubana resulta bastantesorprendente non estando afeito a este tipo de xente.

Malia o ventilador apuntándome directamente ácama, non creo que sexa doado pasar esta primeira noite de calor para un rapazdo interior (CdoI).

 

 

18:53

 

Tortuoso día de cuasi-trámites hoxe!

 

Erguinme ás 07:45, aínda que non saímos decasa ata as 09:30.

Resumindo, direivos que estiven na beca(residencia universitaria), na facultade, na oficina de RRII e na ColinaUniversitaria, e que non resolvín absolutamente nada. Dun lugar para outroescourríuseme a mañá e terá que quedar todo para mañá mércores e o xoves. Écomo tramitar un crédito de libre na USC pero máis heavy, con 30 Cº á sombra ecunha humidade relativa do 90%. Mal día para coñecer a Habana….

Polo menos cambiei algúns euros en C.UC. ( queé o peso convertíbel ou “chavito”) e en pesos ( moeda nacional, a de comprahabitual dos cubanos).

 

Así, finalmente durmirei hoxe de novo en El Rincónaínda que agradando poder mañá pasar a noite xa na Habana.

 

Rincón é un pequeno pobo por onde pasan carrosde cabalos que transportan xente ata as guaguas (autobuses) ou mercadoríasvarias, casas de planta única ou dúas plantas, moitos cans (encantaríacheTraba; estou todo o día chamando por eles!) e vehículos que datan dende os anos50 ata esta década.

 

A propósito dos coches antigos, oscelebérrimos chevrolet anteriores á Revolución, sorprendeume coñecer que ainmensa maioría conservan os motores orixinais, aínda que quen ten posibilidadetende a poñerlles equipos de audio potentes, melloras varias ou inclusopintalos como os típicos coches tuneados ; a ver se podo subir unha foto dogranate fosforito que ten o meu veciño para que vexades o espectacularresultado.

Con respecto aos carros, tamén curioso o dasmatrículas:

-       Amarela: coche particular.

-       Azul: coche estatal, que prestadistintos servicios.

-        Marrón: coche alugado (case sempre un turismocun domingueiro europeo dentro; moi caros , uns 75 C.U.C ao día.

-        Branca: coche ministerial ( se non levarapraca, nunca te imaxinarías que leva un ministro; vin un par deles hoxe e eranturismos brancos do máis normal).

-       Verde escura: ministerio dointerior.

-       Verde clara: FAR.

-       Negra: embaixada.

-       Vermella: chapa en reparación.

-       Laranxa: empresa estranxeira.

-       Carmelita: empresa cubana.

 

 

Esta tarde caeu tamén tremenda treboada quedesmontou boa parte do tendido eléctrico de El Rincón, pero rapidamente fóronseresolvendo os contratempos na casa (a palabra “resolver”, en boca todo o díaaquí).

 

Polo demais, sobrecollido por como a pequenada casa, explicábame o feliz que era aquí cos seus amigos, e ca gran casa quetiñan; unha habitación, unha saliña, dous televisores, “heladera”, aireacondicionado, mermelada de guayaba (riquísima, por certo)... “como non vouestar feliz aquí?”

O incrible é que a pequena ten 4 anos.

 

2 – setembro- 2010

 

Xa estou asentando na beca, aínda que ospapeis aínda non son de todo regulares. Os trámites tornáronse algo máistediosos nos dous últimos días e pouco a pouco vou descifrando o ambiente dositio onde vivirei os vindeiros 10 meses.

 

A beca é un lugar estraño e marabilloso, ondenada se pode lograr, pero todo se pode conseguir. Nada parece posíbel deprimeiras, e todo parece poder facerse cando vas coñecendo á xente axeitado. Seicaencarna bastante ben o espírito desta cidade.

 

Quen lestes xa a Outes (a quen me referireidurante todo o ano cal Wikipedia) e vistes as fotos (que por certo, comezarei asubir a semana que ven) , saberedes que as condicións non sempre son doadas.Pero pode rematar por ser un sitio acolledor.

 

Onte tiven o meu primeiro contacto musical narúa, con un rapaz que tocaba bastante ben a guitarra e unha rapaza cunha vozbastante espectacular. Vexo moita xente con guitarras pola rúa, en fundasnegras, pero sen tocalas. Seica as Casas da Cultura desta zona teñen bastantevida, así que haberá que pescudar algo máis. Hoxe foi tamén o meu primeirochapuzón no Malecón, e saín mesmamente suando da auga!

 

E esta noite non durmimos, xa que mañá Fideldará un discurso aos universitarios ás 07:30 na escalinata da Colina Universitaria,onde se atopa a Alma Mater, e dende as 00:00 haberá música e festa na zona.Coido que será toda unha experiencia….

 

E ata aquí a crónica das miñas aventuras edesventuras. A partir desta semana tratarei de escribir con xeito dos asuntosque me parezan máis destacábeis.

Ah! E preguntade canto queirades!

 

Saúdos!

Xa existo!

Escrito por xabivillares 25-08-2010 en General. Comentarios (17)
Boas xente!

Pois ben, este é o blog onde tratarei de escribir ca maior asiduidade posíbel dende a diáspora cubana durante todo este ano. Aínda non teño moi claro como vai isto, pero parece bastante intuitivo!

e nada, que comece a aventura...!