Xabier I Villares; distrito: La Habana

En Santiago de Cuba (I)

Escrito por xabivillares 11-04-2011 en General. Comentarios (1)

Transportes: atravesar o país en guagua e percorrer Santiago en moto

 

Como o avión custábame sobre 140 $ (o avión éo único caso onde non me vale de nada ser estudante aquí, e pago como “yuma”) ,decidín facelo en bus cubano, que eran 169 pesos (sobre 12$). Foron sobre 16 horas aproximadamente, e atravesei ao redor de 9 provincias ao longo de case 900 km por estrada cubana. Foi interesante, porque a viaxe foi de día, e un pode contemplar os cambios de paisaxe, facer interesantes paradas e coñecer ao spersonaxes que van con un no autobús.

 

O máis destacábel sen dúbida foron os condutores. Os tipos paraban cada rato, cando querían mercar queixo en Camagüey ou piñas en Las Tunas, e estiveron tirándolle os trastos (pero de que xeito…) a unha rapaza de 20 anos que ía sentada diante. Podería escribir 10 páxinas explicándovos a situación, pero non lograría transmitir como fan os cubanos esas cousas.

 

Unha vez en Santiago, esquécese un dos típicos “almendrones” a 10 pesos da Habana para acostumarse ás motos, que polo mesmo prezo lévanche directamente a calquera parte da cidade.

 

Pero enrealidade, a ver, a que fun a Santiago?

 

Trátase dunha viaxe relacionada ca UH (Universidad de la Habana), a través da coordinación de modelos das nacións unidas en Cuba. Para quen non esteades moi ao tanto do que é isto, trátase dunha emulación da Organización das Nacións Unidas, onde se organizan unha serie de comisións que tratan uns temas determinados (tópicos), e onde se debe acadar unha resolución acerca destes. Cada estudante representa a un país en cada unha destas comisións.

Neste caso, a idea foi asistir a ONU CARIBE2011, organizado pola Universidad de Oriente, e aló fomos.

O meu país foi Libia en Consello de Seguridade, en calidade de invitado (voz pero sen voto), así que xa vos podedes facer unha idea de cómo foi o asunto. Na última sesión de traballo a delegación deEEUU pediu establecer unha discusión sobre o conflito de Libia como “tema emerxente” e sacar unha declaración sobre isto. Basicamente acordouse ocuparme o país. Todo moi realista, como podedes ver.

Pero obtiven unha mención ao final do evento, así que Libia non quedou tampouco de todo desamparada.

 

Aloxamento

 

Quedámonos na beca da Universidade, que está nun outeiro, ao final dunha escalinata de 101 chanzos que se ben non é tan glamurosa como a da Habana, é moito máis bucólica- pastoril- literalmente o de“pastoril”, xa que na entrada mesma da beca estaban as chiviñas do custodio, pluriempregado o probe del.

 

As condicións similares ás de 12 & Malecón, así que sen queixas (un pouco máis complicado acceder aos baños, pero os queatopabas tiñan auga todo o día). Ademais, a comida era bastante mellor, as vistas espectaculares e a xente –incríbel- un pouco máis aberta incluso que na Habana.

Viaxe a Santiago de Cuba

Escrito por xabivillares 03-04-2011 en General. Comentarios (2)

Durante a vindeira semana estarei no evento ONU CARIBE da Universidad de Oriente. Por isto, é bastante probable que non poida conectarme en toda a semana, polo que non contestarei correos até o regreso.

 

Cando volva farei unha crónica do sucedido que penso non terá desperdicio.

 

Unha aperta a tod@s!

Ideosencrásea cubana

Escrito por xabivillares 30-03-2011 en General. Comentarios (2)

Como explicar nun post unha actitude ante a vida? Imposíbel.

 

Esta illa e os seus habitantes constitúen unha contraditoria realidade que custa resolver na historia, incluso empregando a dialéctica.

 

Dende a amabilidade co xénero feminino non exenta de certo machismo que se estila, até a incríbel amabilidade que profesane que tanto nos custa crer como sincera, ou a capacidade para se rir das desgrazas propias, semella que esteamos noutro planeta.

 

Todos parecen coñecerse dun xeito ou doutro. Máis de 11 millóns de almas que camiñan ao mesmo son- noutrora changüí e agora reguetón-, que comparten unha forma de afrontar a vida e os problemas, que s equeixan e se queixan, pero tamén ben as cousas boas da vida, que se quenta nmoito discutindo sobre pelota ou calquera cousa, pero que case nunca chegan ás mans- eles non están para esas cousas, hai moito en que gastar enerxías con este calor.

 

Hai un conto moi bo que di que o cubano non descende do mono, senón da foca. E é que disque pode ter a auga ao pescozo e aplaudir. É un bo resumo da traxicomedia que ven vivindo o país, e do heroico da supervivencia da Revolución nos tempos máis difíciles.

 

As cubanas e os cubanos sonvos a ostia. O que non sucede aquí non sucede, e xa está.

“Experiencias persoais no sistema sanitario cubano” (III)

Escrito por xabivillares 22-03-2011 en General. Comentarios (6)

Ao final o Cascu recuperóusenos, non sen antes uns días ben axitadiños pola ansiedade que non lle deixaban nin sentarse a ver unha película. Pero púxose bo, que era do que se trataba.

 

Mais a experiencia non foi en balde, e abofé que descubriu en primeira persoa as grandezas e miserias -que tamén as ten- do sistema sanitario cubano. O máis resaltábel quizais sexa o sistema de atención primaria que ten o país en tódolos núcleos poboacionais- que na práctica é en cada pobo e na cidade nun radio aproximado de 15 cuadras-, o cal impide que os hospitais se colapsen con pequenas consultas. No particular, a atención que brinda a doutora da beca, que vive no propio edificio, é inmellorábel. Non só porque ela ou o enfermeiro estean en consulta aberta tódolos días como mínimo 3 horas, senón porque a calquera hora da noite podes presentarte na casa dela, onde che atenden ca amabilidade que só un profesional con vocación pode ofrece (non vendo ningún produto, evos así).

 

Por outra banda, o seguinte nivel, a rede de policlínicos, xa artella un bo número de consultas especializadas, e están bastante ben equipados (máquinas de raios x, ultrasóns…etc). Aló mándanche cando é unha consulta máis específica.

 

Finalmente coñecín os hospitais, onde xa sefan operacións, hai xente ingresada, fanse probas máis complexas…etc. O que chama a atención negativamente, é ás veces o aspecto exterior, ou o interior dalgunhas salas, que dende logo ningunha relación garda co que dentro ocorre.

 

Todo isto por non falar das farmacias. Se por unha banda ás veces non están a dispensar certos medicamentos ou produtos (coma o famoso Polivit, complexo vitamínico moi empregado aquí), na maior parte dos casos sempre teñen os antibióticos, ansiolíticos e de máis cacharradas variasque mandan os médicos con receita. E por prezos irrisorios ( 40 tabletas por 4 ou 5 pesos cubanos, uns 12 cts de €), incluídos os estudantes de intercambio. E isto último é quizais o que máis valoro: o ben atendido que fun pese a ser alleo ao sistema.

 

Debemos destacar por último que nos últimos anos produciuse unha boa baixada no número de médicos dispoñíbeis no país,debido en boa medida ás misións que se están a levar en Venezuela, en virtude de acordos de importación de petróleo que Cuba realiza da República Bolivariana, razón pola cal estanse a preparar tantos médicos nas escolas de medicina.

 

E todo isto nun país subdesenvolto, que é unha illa con absoluta dependencia enerxética, bloqueado dende fai 50 anos e a 90 millas do maior centro de poder mundial. Que vos parece?

E agora, imaxinádesvos como debe ser toda esta historia dende unha residencia estudantil situada en Bogotá? Eu tampouco.

“Experiencias persoais no sistema sanitario cubano” (II)

Escrito por xabivillares 17-03-2011 en General. Comentarios (6)

En estado catatónico despois dunha noite inesquecíbel para el, o Cascudiño (Cascu para os amigos) chega a casa da doutora a primeiriña hora da mañá. Nun primeiro instante, ela pensa que se podetratar dun virus, máis en seguida decátase que se trata dun asunto bendiferente, e que a auguiña da billa pode terlle sentado un pouco mal aos riles do noso heroe, acumulando uns incómodos metais (magnesio, sobre todo). Así queo envía ao Policlínico de 15 e 18 (sistema de rúas americano, os cubanos sonasí, e o 90% dos establecementos leva nome de esquinas), onde en pouco menosdunha hora atenden ao Cascu por urxencias. O Cascudiño estávavos ben fodido, podédesmo crer!

 

Tras o ultrasón sospeitaron que as pedriñas eran areíñas (que non fan menos dano, segundo o noso amigo me explicou detalladamente), e despois dunha boa inxección coa xeringa máis espectacularque o noso compañeiro xamais vira, este quedou un chisco drogadiño na cama. Dúas horas despois, regresou para a beca, non sen axuda de Yemayá, cunha cita na man para ver ao señor urólogo ese mesmo venres. “Que país subdesenvolto máis raro este, que che atenden no momento en urxencias, fanche un ultrasón e chedan vez para o especialista sen cobrar un can!” reflexionou o Cascu chegando á habitación.

 

Pero a visita ao señor urólogo non se demoraría tanto, pois a noite do Martes tamén resultou inesquecíbel- en realidade todas o foran, algunhas por simpáticas confusións entre pastillas ou por inxerir no delirium tremens ibuprofeno granulado sen comer nada en horas. A pesar dos novos pinchazos intramusculares de dipirona, estes non tiveron efecto ningún, polo que o Mércores deberon ir na busca dun hospital. E alá foi, topándose polo camiño co Doutor Oblongo no Hospital Fajardo, quen o remitiríaao Hospital Calixto, onde coñecería ao Doutor Duralgina e Auga, quen lle dará opinchazo definitivo que lle aliviará as dores e lle poñerá un tratamento queincluirá beber 3 litros de auga ao día. O Cascudiño éravos máis de licor café, pero adaptouse ás circunstancias con bastante graza.